BO NADAL!

Postal Nadal Os Muíños 2012

Advertisements

Imaxe

Novidades na axenda

O pasado domingo tivemos, como cada ano, o Magosto na nosa Casa Cultural, amenizado polo GBMT Os Muíños de Oliveira.

En breve poderedes ver as fotos da festa no facebook.

 

Polo pronto podedes consultar na sección da axenda as novas datas de actividades e actuacións.

Mantédevos ó día e non deixedes de visitarnos!

Saúdos.

A blogmestra.

Novas citas

Acabamos de actualizar a nosa axenda de eventos.

Se queres estar ó día das nosas actuacións e actividades non te esquezas de visitar este blog.

Apertas.

Curso de automaquillaxe

O luns 18 de xuño , de 16:00 a 20:00 horas, terá lugar no nosa casa Cultural un Curso de Automaquillaxe dirixido a mulleres de tódalas idades.

O obxetivo do curso é que a alumna saiba aproveitar e utilizar os productos que ten na casa sen que sexa necesario realizar ningunha merca.

O curso será impartido por Andrea Pino (titulada en perruquería e estética) e ten un custo de 20€. As prazas son limitadas.

Para reserva-la túa ou pedir información podes facelo chamando ó 692 892 206 ou mandando un mail a andyuska@gmail.com. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño.

http://www.facebook.com/events/452533461426551/?notif_t=plan_user_invited

Cea-festa de Entroido

O vindeiro sábado, 25 de febreiro, celebraremos como cada ano a Cea-Festa de Entroido Os Muíños de Oliveira.

Dará comezo ás 22:00h.

Haberá animación musical e concurso de dsifraces.

Prezos e reservas no 986 661 863 (Chelo e Álvaro).

Animádevos a participar!!!

 

Festival Interparroquial 2012

Xa tedes á vosa disposición as fotos do Festival Interparroquial levado a cabo na Casa Cultural o pasado 6 de Xaneiro.

Entrade no noso perfil en facebook para poder velas:

http://www.facebook.com/media/set/?set=a.219677971454658.56599.100002373695922&type=1

Un saúdo.

A blogmestra.

BOAS FESTAS!!!

Anterior Entradas máis antigas