Festival Folclórico de Xuño

O sábado día 17 de xuño terá lugar, no Centro Cultural da nosa Asociación, un novo encontro folclórico no que, ademiás do grupo de baile Os Muíños de Oliveira, participarán dous grupos máis, que intervirán como invitados.
 
O primeiro dos grupos é A Ponte Vella, que virán desde Reis (Concello de Teo – A Coruña) a mostrarnos un anaco do seu bo facer no escenario, do que veñen dando conta nos concursos de baile nos que participan dende hai varios anos, acadando diversos premios.
 
O outro grupo participante é Veira do Río de Pontesampaio (Concello de Pontevedra) que, despois de moitos anos adicados ó folclore coreográfico, comezan a achegarse a unha vertente máis tradicionalista. Unha nova faceta para un grupo de xente nova.
 
O festival comezará arredor das 20:30 h. O Centro Cultural de Os Muíños de Oliveira terá as portas abertas para todo aquel ó que lle apeteza desfrutar dun rato agradable ó son da nosa música.
 
 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: