1º concerto de fin de carreira na especialidade de Música Tradicional Galega

 

A titulación superior en música tradicional galega, impartida no Conservatorio superior de música de Vigo está de noraboa, xa que o vindeiro día 21 de novembro, coa celebración do concerto de fin de carreira a cargo do gaiteiro Xosé Luís Miguélez, verá por fin a súa primeira promoción de titulados.
 
Houbo que agardar cáseque trinta anos para élo, xa que foi na década dos setenta cando os estudios de música tradicional comezaron a ter caracter oficial dentro dos conservatorios. Este feito histórico para a música galega terá lugar na data antes indicada no "Auditorio Martín Codax" do Conservatorio superior de música de Vigo ás 20:00h e a entrada será libre ata completar o aforo.
 

O gaiteiro Xosé Luís Miguélez ven de publicar coa editorial Dos Acordes o primeiro volume da serie "Estudios" dentro da colección "Cadernos de gaita galega" e despois do éxito deste primeiro volume preparan o segundo para xaneiro de 07. Podes mercalos en tendas de música e librerías así como a través de web da editorial.

Non volo perdades:

Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música.
Manuel Olivié, nº 23 •36203- monte do Castro – VIGO Telf: 986 471144

web: http://centros.edu.xunta.es/cmussuperiordevigo/
Martes 21 de novembro ás 20 horas.
 

Máis información na web www.xlmiguelez.com onde podes descargar o programa do concerto e os músicos participantes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: