CONCURSO DE TARTAS da A. C. Os Muíños de Oliveira

A Asociación Cultural "Os Muíños de Oliveira" celebra, como cada novembro, unha nova edición do "Concurso de Tartas". Este ano terá lugar o domingo 26 de novembro ás 18:00h na sede da asociación en Santiago de Oliveira (Ponteareas).
 
Os premios otorgaranse segundo as seguintes categorías:
Presentación e Degustación / Infantil e Adultos
 
Nesta ocasión o Xurado estará formado por un dos mestres da Escola de Hostalería "Harina Blanca" de Vigo, e pola directora da Escola de Hostalería "Emprendex" de Tui, Mª José Viana González.
 
Os premios foron doados polo Exc. Concello de Ponteareas e por distintas casas comercias da zona (para eles vai este agradecemento pola colaboración prestada).
Coma sempre, trala entrega de premios, o público asistente poderá probar as obras culinarias presentadas ó concurso.
A festa estará amenizada polo grupo de música e bailes "Os Muíños de OLiveira".
 
¡Estades todos convidados a enchervos de calorías!
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: