Homenaxe ó gaiteiro

Un ano máis o Grupo Etnográfico A Buxaina, pertencente ao Centro Cultural de Coruxo, organiza a Homenaxe ao Gaiteiro, un xeito de agradecer o bo facer de moita xente que adicou a súa vida a difundir a nosa cultura musical permitindo que chegara ata nós.

A Homenaxe terá lugar o vindeiro sábado día 18 de novembro no Teatro-Sala de Concertos Caixanova ás 19:30h. Nesta edición, e xa van 18, A Buxaina quere rendir a súa Homenaxe a José Ramón Torres, de Ordes, o grupo Os Barrios de Chantada e a Emilio Corral de A Coruña.

Na parte lúdica do acto este ano contamos coa actuación de Xavier Blanco, gaiteiro de Cangas que toca instrumentos do máis peculiar, Vai de Roda grupo de baile de Rianxo e por último Os Carunchos de Vigo. A presentación do acto é algo que está a tomar moita forza grazas a colaboración dos diferentes artistas que desinteresadamente nos botan unha man, este ano contamos con Cándido Pazó.

Nos 18 anos que se leva a celebrar este acto xa recibiron unha Homenaxe entre outros “Pan de Millo”, Os Rosales, Seivane, Ramón Pichel, As Pandereteiras de Vilar Cabeiras, Nela… e un sinfín de nomes que quedarán para sempre na nosa memoria.

 Na parte do espectáculo podemos salientar a participación de moi diversos grupos e agrupacións. Podemos nomear algúns como Ultreia, Ruote, Cachimonia, Os Gaiteiros do Igaem, Treixadura, Xacarandaina… 

 José Ramón Torres

Nacido en Santiago, pero acollido en Ordes na parroquia de Ardemil. Foi alí onde comenzou a toca-lo tambor xunto con outros veciños da zona os domingos a tarde no que eles chamaban o “baile” e así tamén sacaban uns pesos.

Máis tarde formou parte dos Labregos da Coruña e do Balet Rei de Viana.

A súa faceta como artesán comezou como unha necesidade, pois precisaba dun tambor e non atopaba quen llo fixera, polo tanto da man de Bao gaiteiro e artesán fixo o seu primeiro tambor algo que non deixou a día de hoxe.

Os Barrios de Chantada

Este grupo e o máis antigo de Galiza que segue en activo a día de hoxe. Naceu alá polo 1898 na aldea Barrio San Paio de Muradelle da man de José Arguiz, Raúl González e Antonio Ledo.

Durante os seus máis de cen anos de historia tivo que facer novas incorporacións para poder seguir en activo. Unha desas incorporacións foi Graciano Arguiz fillo dun dos fundadores que morreu fai un ano.

A día de hoxe forman parte do grupo Benigno Gómez, Argimiro Moure, Xose Lois Rodríguez, Delmiro Prado e Casiano Domínguez con idades comprendidas entre os 50 e os 77 anos.

Emilio Corral

Naceu na Coruña no ano 1910, comenzou a toca-la gaita no colexio, protexido nalgúns momentos polos mestres dos compañeiros que se burlaban del.

Aos 16 anos máis ou menos pasa a formar parte de Cántigas da Terra no que botou sobre 30 anos.

Foi mestre de clarinete e saxo da primeira banda de música de A Coruña, onde tamén foi director e mestre da academia de gaitas.

Foi nomeado por Sebastián Martinez Risco cando era presidente da RAG Gaiteiro Maior do Reino de Galiza.

Recordamosvos que as invitacións para a Homenaxe ao Gaiteiro as teredes no centro cultural de coruxo a vosa disposición dende o luns 13 de novembro das 20:00 ata as 22:00. Enviovos tamén algo de información dos homenaxeados deste ano.

Paxina Web de A Buxaina –> http://abuxaina.cogia.net

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: