Próximas actividades

Como tódalas Asociacións Culturais, "Os Muíños de Oliveira" abrangue todo tipo de actividades e actos.
O vindeiro 21 de Xaneiro ofrecerá para os membros do grupo de música e baile a súa, xa tradicional, comida anual.
A partir das 17:00h comezará a actuación do Grupo de Playbacks de San Fins de Rebordáns (Tui), aberto ó público.
 
O 24 de Febreiro ás 21:00h celebrarase a Cea de Entroido. O menú é o de tódolos anos por estas datas: lacón con grelos (Os que queiran ir alimentarse ben deberán anotarse antes do día 20 do mesmo mes, chamando a Chelo ou Álvaro).
A cea irá seguida do Festival no que actuarán Os Mondricos, e que rematará coa entrega de premios do Concurso de Disfraces.
 
Se queredes un pouco de diversión non dubidedes en pasarvos.
Un saúdo. A blogmestra.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: