II CONCURSO DE PANDERETEIR@S

II CONCURSO DE PANDERETEIRAS/OS DA
“A. C. OS MUIÑOS DE OLIVEIRA”
BASES
  1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, etc., que o desexen.
  2. Constará de unha soa modalidade; esta será de pandereteiras/os.
  3. Nesta modalidade haberá 2 categorías:
    • Categoría A: ata os 16 anos.
    • Categoría B: dos 17 en diante.
  4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en mais de dous anos.
  5. Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. Cada grupo irá acompañado dun só representante, e deberá designar unha parella para estar no escenario no momento da entrega de premios (vestidos co traxe).
  7. Ningún participante poderá participar en máis dun grupo.
  8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
    • Autenticidade das pezas, que deberán ser tradicionais.
    • Dificultade das mesmas.
    • Afinación e interpretación.
  9. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/as peza/as. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
  10. Os premios serán os seguintes:
Categoría A :
1º premio: Trofeo e 300 €.
2º premio: Trofeo e 200€.
3º premio: Trofeo.
Categoría B:
1º premio: Trofeo e 600€.
2º premio: Trofeo e 300€.
3º premio: Trofeo e 200€.
  1. O xurado será nomeado pola A. C. “Os Muíños de Oliveira” e os seus fallos serán inapelables.  O XURADO TERÁ TOTAL LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I OU  LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE O ESTIMAN OPORTUNO.
  2. Nesta convocatoria non participaran grupos da A.C. “Os Muíños de Oliveira”.
  3. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.
  4. O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007,  ás 16:00 da tarde para as categorías  A e B, no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas). As  entregas de premios, das categorías  A e B faranse unha vez rematada a última categoría.
  5. Tódolos grupos participantes deberán estar presentes no Auditorio unha hora antes de que comece o concurso.
  6. O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007.
  7. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN FORA DE PLAZO, NIN TAMPOUCO NINGUNHA MODIFICACIÓN.
  8. No caso de ter algunha dúbida, esta será atendida polos membros organizadores (solicitude do formulario de inscrición):
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: