Obradoiros de verán no CAT

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, desenvolverá nos meses de
xullo e setembro as súas actividades estivais, con diferentes obradoiros
que acheguen a toda a cidadanía técnicas, materiais e obxectos da cestería
tradicional de Galicia.
 
A cestería tradicional leva unida á nosa cidade dende hai séculos co
traballo de moitos artesáns que, xeración tras xeración, foron pasando o
seu saber dunhas mans a outras, creando obxectos que formaron parte da
nosa vida diaria ata os anos 60 do século pasado. Os obradoiros da rúa
Cesteiros, no Casco Vello, son o mellor exemplo da relevancia que tivo
este oficio en Vigo, que a converteron nun dos centros de produción máis
activos de Galicia.
 
O prazo de inscrición remata o 27 de xuño. Toda a info en
http://www.vigo.org/artesania
 
INFORMACIÓN XERAL
 
Obradoiros:
CESTERÍA DE XUNCOS: COROZAS / 35 h
COAS MANS NOS CESTOS. Obradoiro de cestería tradicional de Galicia / 40 h
MADEIRAS DE CESTEAR. Introdución aos materiais empregábeis en cestería. 20 h
IMOS FACER UN CESTO. Obradoiro de verán para neno/as /35 h
 
Onde se impartirán:
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
 
Como apuntarse:
Enviando o boletín de inscrición ao CAT Rúa Subida ao Castelo 10 36202
VIGO, por fax ao número 986 224 003 ou a través da WEB
http://www.vigo.org/artesania.
 
O prazo de inscrición remata o día 27 de xuño de 2007. Os cursos son
gratuítos polo que se establecerá unha rigorosa orde de entrada das
solicitudes.
 
Selección do alumnado:
Para o curso de corozas, o CAT fará unha previa selección, polo que os
interesados deberán enviar o seu curriculo.
 
Listado de admitidos:
A lista de admitidos será exposta no CAT e na WEB http://www.vigo.org/artesania o
día 28 de xuño de 2007.

 

Se necesitades o boletín podedes solicitalo tamén ó email da nosa asociación: osmuinhosdeoliveira@hotmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: