Festival Folk de Ventosela

O día 28 de setembro (venres) celébrase o Festival Folk de Ventosela, no Concello de Redondela.
A música correrá a cargo dos seguintes grupos:
 
  • "Os Amigos de Pazos" – Música tradicional
  • "Sobre rodas" – Dúo de zanfonas e voz
  • "Tabú" – Grupo Folk de Vigo

Homenaxe ó Gaiteiro

Dende a Buxaina dannos a coñecer o programa da Homenaxe ó Gaiteiro deste ano.

Como artistas invitados terán a:

 

Anacos de buxo

http://usuarios.lycos.es/anacosdebuxo/

 

Agrupación Folclórica Trompos os Pes

 

Quempallou

http://quempallou.dajul.com/

 

A presentación correrá a cargo de Pepo Suevos. O acto celebrarase no Teatro Sala de Concertos Caixanova o sábado 13 de outubro as 19:30h.

A entrada é totalmente de valde e poderanse recoller no Centro Cultural de Coruxo, outra opción é porse en contacto coa organización en a_buxaina@yahoo.es

 

Paxina Web de A Buxaina –> http://abuxaina.cogia.net

Exposición 25 anos de Xiradela

Dende hoxe e ata o vindeiro día 29 de setembro, permanecerá aberta, na Sala
de Exposicións do Centro Cívico e Cultural de Arteixo, a exposición
"Xiradela 25 anos". Este acto, que forma parte das celebracións do 25º
Aniversario, pretende ser un percorrido pola historia de Xiradela dende a
súa fundación até hoxe, a través de fotografías, vestiario, recortes de
prensa, trofeos, recordos,etc.

Os horarios nos que se poderá visitar a exposición serán os seguintes:

    * De luns a sábados:
          o Mañá: 10:00 a 13:30
          o Tarde: 16:30 a 20:00
 
Para máis información, consultade o blog:
http://xiradela.spaces.live.com
 

O Fiadeiro en Vilagarcía

O vindeiro sábado, 8 de setembro, ás 21.00h, o grupo artístico da A.C.F. O Fiadeiro, de Vigo, representará a súa "Gala de X Aniversario" no Auditorio de Vilagarcía.
O espectáculo resume os dez anos de presencia da agrupación viguesa nos escenarios, a través dun percorrido polas pezas que durante este tempo levaron a O Fiadeiro a constituirse como unha das entidades de referencia no baile e música tradicionais do país, pezas todas elas gañadoras de varios primeiros premios en diferentes concursos organizados en diferentes puntos de Galicia.
Baixo o título xenérico de "Esta noite hai unha fía", co cal se desenvolve o espectáculo que O Fiadeiro estrea cada dous anos, músicos e bailadores desenvolverán escenas elaboradas a partir do material recollido en traballos de campo realizados por toda a xeografía galega. Por esta razón a gala pode considerarse representativa da riqueza e variedade da expresión artística da nosa tradición, o cal se fai máis evidente ao tomar en consideración que cada peza é interpretada co traxe tradicional da zona na que foi recollida.
O evento terá unha duración aproximada de unha hora e corenta minutos, tempo durante o cal vinteoito bailadores, seis pandereteiras, seis pandereteiros e oito músicos farán aparición no escenario. 

Novos seráns… Comeza a tempada

Sábado, 8 de setembro: Serán en Pazos de Borbén.
Sábado, 15 de setembro: Serán das Tarambainas, na AAVV de Lavadores, en Vigo.