IV Encontro de Pandeireta Galego-Asturiana

Imos a polo cuarto!!!
Desta vez toca na Galiza, e escollemos como emprazamento a mesmísima montaña dos Ancares lugueses. Será o sábado 24 de Novembro no Albergue Campa da Braña, no Concello de Cervantes.
A dinámica será semellante á das outras tres edicións: cea-confraternización, concerto dun grupo de pandereteiras galegas e outro de "pandereteres asturianes". Logo, foliada (tamén de confraternización ;-D) ata altas horas da madrugada, e durmida opcional no propio albergue.
Está confirmada a participación de Filandón, alumnas de Juanjo Fernández e auténticas herdeiras da tradición de pandeira ancaresa.
Restan por confirmar os últimos detalles, pero garantimos uns prezos (incluíndo só cea, ou cea, durmida e almorzo) moi "populares".
O dito, reservade o 24 de Novembro nas vosas axendas, foliadeiros e foliadeiras do mundo!!!
Convoca: Xuntanza Galego-Astur "Transeu".
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: