XIII CONCURSO DE TARTAS

Este domingo, día 28 de novembro, celébrase o xa tradicional Concurso de Tartas da AC Os Muíños de Oliveira, que este ano vai pola súa XIII Edición.
Pola mañá acudirá a TVG para facer varias conexións en directo no seu programa A Revista Fin de Semana, polo que o GBMT Os Muíños de Oliveira actuará en varias ocasións. E pola tarde, a partir das 17h e durante a deliberación do xurado, voltaremos actuar. Recordade que está aberto a todo o mundo.
Logo procederemos á entrega de premios e, unha vez finalizada, repartiranse os postres e tartas do certame entre todos os asistentes para a súa degustación.
Non o esquezades. Esperámosvos este domingo a todos na Casa Cultural Os Muíños de Oliveira (Santiago de Oliveira – Ponteareas).
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: