GRACIAS

Onte foi unha tarde especial para todos e queremos agradecerlle a todos estes 20 anos de esforzo.

Gracias a Rosa, José e a Guillerma, porque as vosas casas foron o noso local de ensaio durante moitos anos. Gracias a esa marabillosa familia que, desinteresadamente, nos donou o terreo onde hoxe está a Casa Cultural.

Gracias ós membros da xunta directiva polas súas horas levantando paredes…, os que foron e os que son, os que están e xa non están para vernos.

Gracias ós empresarios que aportaron material para que a nosa Casa Cultural puidese levantarse.

Gracias a tódolos membros do Pleno Municipal de Ponteareas, os que gobernan e os que non, porque todos mostraron sempre interés polas nosas necesidades na medida en que lles era posible.

Gracias ós socios por axudar sempre coa súa asistencia ós nosos actos.

Gracias a aquelas persoas que nos regalaron os coñecementos que levamos ó escenario.

Gracias a tódolos “rapaces” (como a xunta directiva se empeña en chamarnos aínda que teñamos 30 anos…) que pasaron por este grupo aportando o seu gran de area e as súas horas para levantar este grupazo. A todos os que participastes onte neste marabilloso festival e tamén ós que non puidestes.

Gracias ós que hoxe continuades para que o GBMT siga existindo. Non imos por mal camiño, a que non?

Gracias ós nosos pais por alentarnos, por levarnos a todas partes e por obrigarnos ás veces.

Gracias Vanesiña (aínda que non queiras chamarémoste así toda a vida…) por ser un exemplo de superación e demostrarnos que todo é posible. Onte, co teu traballo, conseguiches que máis de un se emocionara.

Gracias a Ramiro por crearnos, e Angy e Máximo por axudarnos a dar os nosos primeiros pasos.

Gracias a María, Cari e Sotelino por contribuír co voso traballo.

Gracias Antonio, por ensinarnos a quererlle á nosa música, e Secundino por intentar continuar co seu traballo na medida do que che foi posible.

Gracias a Chisco, por axudar a levantarnos cando estabamos a caer e mostrarnos outra maneira de ver a nosa cultura, e gracias Miguel por continuar tamén nesa liña que nos deu tantos éxitos.

Gracias Samu, por confiar en que a idade non impide ser “artista”.

Pero GRACIAS, e máis que nunca, a Sandra, Óscar e Xandre, que no momento actual son quen nos acompaña. Gracias polo voso traballo, pola vosa ilusión e polas vosas ganas de que Os Muíños de Oliveira sigan sendo grandes 20 anos máis!

En nome da A. C. Os Muíños de Oliveira… hoxe asino con nome e apelidos (Nuria Gesteira Iglesias):

GRACIAS!!!

P. D.: Creo que non me esquezo de ninguén, pero se é así, xa sabedes, acepto apuntes… ;-p

Advertisements

3 Comentarios (+ o teu?)

  1. Vane.
    Mai 31, 2011 @ 00:42:23

    moitas gracias polos alagos…non sei se son merecedora de tanto!! 😀 jejeje peeeero sigo protestando q non son Vanesiñaaaa, non me gusta q me chamen así 😦
    As únicas q me empezastes a chamar así fostes ti mais Vane, para os demáis sempre fun Vane :p
    voche dar eu a ti…jum!

    biquiñosss

    Resposta

  2. nuriagesteiraiglesias
    Mai 31, 2011 @ 01:04:52

    Non tes nada que darme, xa cho dixen… serás Vanesiña para toda a vida… é que te conservas moi ben.
    Por certo, onte estabas guapísima!

    Resposta

  3. Vane.
    Mai 31, 2011 @ 09:11:33

    jajaja vale Nurita, vale :p

    guapa como unha mora jejejeje estaba transformada xDDD pero si…o sonriso non mo quitei dende o principio ata o final!! era un sentimento único!

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: