Gañadores do II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira 2007

 
A decisión do xurado do II Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, formado por Sandra Diéguez García, Fernando Saavedra Pereira, e Ana Fernández Lavandeira, foi a seguinte:
 
CATEGORÍA A:
 
3º premio: Grupo "D" da Escola de Muiñeira da AF Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela.
2º premio: "Fanfurriñas" da ACD Galanía, de Muros.
1º premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela, de Arteixo.
 
CATEGORÍA B:
 
3º premio: Pandereteiras do GBMT "Tahúme", de Ribeira.
2º premio: "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
1º premio: "Lilaina" da AC O Castro, de Miño.
 
Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas.
 
A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable.
Advertisements

Participantes no II Concurso de Pandereteiras/os 2007

CATEGORÍA A

  • Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
  • Benxamín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
  • "Chiculateiras" da A. X. "Xiradela".
  • Alevín da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
  • Pandereteiras da A. C. "Tremiñado", de Ponteareas.
  • Infantil da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.
  • "Grupo D" da Escola de Muiñeira da A. F. "Cantigas e Agarimos", Santiago de Compostela.
  • Pandereteiras da G. B. M. T. "Pedra da Garza" de Fozara, Ponteareas.
  • "Fanfurriñas" da A. C. D. "Galanía", de Muros.

CATEGORÍA B

  • "Loaira" da A. C. F. "O Fiadeiro", de Vigo.
  • Pandereteiras do G. B. M. T. "Tahúme", de Ribeira.
  • "Luneira" da A. C. "Alborada", Santa Lucía.
  • "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
  • "Cordenaia" da A. C. "Airiños do Xunco", de Cervo.
  • "Lilaina" da A. C. "O Castro", de Miño.
  • Pandereteiras da A. C. F. "Orballo", de Pontedeume.

O Concurso celebrarase o día 22 de abril no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a partir das 16h.
Prezo da Entrada: 1,50€.

II CONCURSO DE PANDERETEIR@S

II CONCURSO DE PANDERETEIRAS/OS DA
“A. C. OS MUIÑOS DE OLIVEIRA”
BASES
  1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, etc., que o desexen.
  2. Constará de unha soa modalidade; esta será de pandereteiras/os.
  3. Nesta modalidade haberá 2 categorías:
    • Categoría A: ata os 16 anos.
    • Categoría B: dos 17 en diante.
  4. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en mais de dous anos.
  5. Os grupos participantes poderán ser femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
  6. Cada grupo irá acompañado dun só representante, e deberá designar unha parella para estar no escenario no momento da entrega de premios (vestidos co traxe).
  7. Ningún participante poderá participar en máis dun grupo.
  8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
    • Autenticidade das pezas, que deberán ser tradicionais.
    • Dificultade das mesmas.
    • Afinación e interpretación.
  9. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/as peza/as. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
  10. Os premios serán os seguintes:
Categoría A :
1º premio: Trofeo e 300 €.
2º premio: Trofeo e 200€.
3º premio: Trofeo.
Categoría B:
1º premio: Trofeo e 600€.
2º premio: Trofeo e 300€.
3º premio: Trofeo e 200€.
  1. O xurado será nomeado pola A. C. “Os Muíños de Oliveira” e os seus fallos serán inapelables.  O XURADO TERÁ TOTAL LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I OU  LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE O ESTIMAN OPORTUNO.
  2. Nesta convocatoria non participaran grupos da A.C. “Os Muíños de Oliveira”.
  3. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.
  4. O concurso terá lugar o día 22 de Abril do 2007,  ás 16:00 da tarde para as categorías  A e B, no Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas). As  entregas de premios, das categorías  A e B faranse unha vez rematada a última categoría.
  5. Tódolos grupos participantes deberán estar presentes no Auditorio unha hora antes de que comece o concurso.
  6. O prazo de inscrición rematará o día 2 de Abril 2007.
  7. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN FORA DE PLAZO, NIN TAMPOUCO NINGUNHA MODIFICACIÓN.
  8. No caso de ter algunha dúbida, esta será atendida polos membros organizadores (solicitude do formulario de inscrición):

Premiados no I Concurso de Pandereteiras

A decisión do xurado do I Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, tras unha longa deliberación, foi a seguinte:
 
CATEGORÍA A:
 
3º premio: "Pedra da Garza" de Fozara – Ponteareas
2º premio: A. "Tremiñado" – Ponteareas
1º premio: DESERTO
 
CATEGORÍA B:
 
3º premio: DESERTO
2º premio: "Veña que vai" – Cangas do Morrazo
1º premio: DESERTO
 
Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas a interpretar, e baseándose nos mesmos considerou que debía deixar desertos os premios anteriormente citados por falta de nivel.
 
A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable.
 

Ampliación do prazo de inscrición

Amplíase o prazo de inscrición para o concurso organizado por esta asociación ata o final desta semana, Pero só será viable para todo aquel que o solicite por correo electrónico das pandereteiras ou vía telefónica.
699323908 Nuria
686099336 Andrea
Gracias.

Prazo de inscrición para o concurso

Quixeramos recordarvos a todos aqueles que esteades interesados en participar no concurso do día 30 de abril que o prazo de inscrición rematará o día 10 de abril.
Podedes solicitar información nas seguintes direccións:
De antemán gracias.
 
As Pandereteiras

I concurso de pandereteiras/os de “A. C. Os Muíños de Oliveira”

O día 30 de abril (domingo) terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas o "I Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira".
Farase en dúas quendas: Máñá (11:00 h): categorías A ( ata os 13 anos) e B (dos 14 ós 17 anos) / Tarde (17:00 h): categoría C (dos 18 anos en diante).
O prazo de incrición remata o día 10 de abril.
Todos aqueles que esteades interesados en participar ou qye saibades de alguén que o estea podedes solicitar toda a información a través do correo electrónico da Asociación: osmuinhosdeoliveira@hotmail.com
Remitirémosvos toda a documentación por esta vía.
Atentamente: as blogmaster.