Novidades na axenda

O pasado domingo tivemos, como cada ano, o Magosto na nosa Casa Cultural, amenizado polo GBMT Os Muíños de Oliveira.

En breve poderedes ver as fotos da festa no facebook.

 

Polo pronto podedes consultar na sección da axenda as novas datas de actividades e actuacións.

Mantédevos ó día e non deixedes de visitarnos!

Saúdos.

A blogmestra.

Advertisements

Novas citas

Acabamos de actualizar a nosa axenda de eventos.

Se queres estar ó día das nosas actuacións e actividades non te esquezas de visitar este blog.

Apertas.

Cea-festa de Entroido

O vindeiro sábado, 25 de febreiro, celebraremos como cada ano a Cea-Festa de Entroido Os Muíños de Oliveira.

Dará comezo ás 22:00h.

Haberá animación musical e concurso de dsifraces.

Prezos e reservas no 986 661 863 (Chelo e Álvaro).

Animádevos a participar!!!

 

Festival Interparroquial 2012

Xa tedes á vosa disposición as fotos do Festival Interparroquial levado a cabo na Casa Cultural o pasado 6 de Xaneiro.

Entrade no noso perfil en facebook para poder velas:

http://www.facebook.com/media/set/?set=a.219677971454658.56599.100002373695922&type=1

Un saúdo.

A blogmestra.

BOAS FESTAS!!!

Resultados do XIV Concurso de Tartas e Postres Caseiros

Trala deliberación do xurado, este foi o resultado da edición de este ano. Estes son os gañadores de entre os 32 postres presentados ó concurso:
 
PRESENTACIÓN ADULTOS
 
1º Samuel Soto
2º Andrea Iglesias
3º Miguel Angel Davila
4º Olaya Fernández
5º Lorena Alvarez
6º Monchi
 
DEGUSTACIÓN ADULTOS
 
1º Teresa Francisco
2º Jose Alonso
3º Jessica e Abelino
4º Samuel Soto
5º Rosa Pérez
6º Justina Cuevas
 
DEGUSTACIÓN INFANTIL
 
1º Zaira
 
PRESENTACIÓN INFANTIL
 
1º Natalia Vázquez
 
 
Tódolos participantes da categoría infantil recibiron agasallo:
 
LETICIA CASTRO
CARLA GROBA
JAIME IGLESIAS
DIEGO AMIL
SORAYA E ALEJANDRO
BRAIS FERREIRA
LAURA FERNANDEZ
ALBA, NEREA E MARIA
NEREA PEREIRA
MARCOS COBACHO
NATALIA COBACHO
ALEJANDRO GONZALEZ

Actualización da axenda

Ola de novo a todos.

Últimamente non andabamos moi activos por aquí pero volveremos ás andadas de seguido.

Polo momento xa tedes a axenda actualizada na columna da dereteira deste bolg. Recordade que para acontecementos como ós da costillada do 13 de novembro ou da cea de entroido tedes que avisar con antelación para apuntarvos e informarvos dos prezos a Chelo e Álvaro (tedes o seu número na sección “Contacta con nós”).  O resto dos eventos son abertos.

Esperamos vervos pola Casa Cultural para participar dos nosos actos e festas.

Atentamente.

A blogmestra.

Anterior Entradas máis antigas