Resultados do XIV Concurso de Tartas e Postres Caseiros

Trala deliberación do xurado, este foi o resultado da edición de este ano. Estes son os gañadores de entre os 32 postres presentados ó concurso:
 
PRESENTACIÓN ADULTOS
 
1º Samuel Soto
2º Andrea Iglesias
3º Miguel Angel Davila
4º Olaya Fernández
5º Lorena Alvarez
6º Monchi
 
DEGUSTACIÓN ADULTOS
 
1º Teresa Francisco
2º Jose Alonso
3º Jessica e Abelino
4º Samuel Soto
5º Rosa Pérez
6º Justina Cuevas
 
DEGUSTACIÓN INFANTIL
 
1º Zaira
 
PRESENTACIÓN INFANTIL
 
1º Natalia Vázquez
 
 
Tódolos participantes da categoría infantil recibiron agasallo:
 
LETICIA CASTRO
CARLA GROBA
JAIME IGLESIAS
DIEGO AMIL
SORAYA E ALEJANDRO
BRAIS FERREIRA
LAURA FERNANDEZ
ALBA, NEREA E MARIA
NEREA PEREIRA
MARCOS COBACHO
NATALIA COBACHO
ALEJANDRO GONZALEZ

XIV Concurso de Tartas e Postres Caseiros

Como cada ano a AC Os Muíños de Oliveira celebra o último domingo de novembro (27) o xa tradicional Concurso de Tartas e Postres Caseiros a partir das 17h..

O xurado estará formado por mestres de Escolas de Hostalería e contará con dúas seccións:
Intantil e Adultos
En ambas seccións xulgaranse dúas categorías:
Degustación e Presentación

Amenizarán o concurso as Pandereteiras Infantiles da AC Ondiñas do Mendo (de Leirado, Salvaterra de Miño) e o GBMT Os Muíños de Oliveira.

Tra-la entrega de premios todos poderedes probar os postres e tartas presentados a concurso.

Os Muíños de Oliveira polo Samahín

Actualización da axenda

Ola de novo a todos.

Últimamente non andabamos moi activos por aquí pero volveremos ás andadas de seguido.

Polo momento xa tedes a axenda actualizada na columna da dereteira deste bolg. Recordade que para acontecementos como ós da costillada do 13 de novembro ou da cea de entroido tedes que avisar con antelación para apuntarvos e informarvos dos prezos a Chelo e Álvaro (tedes o seu número na sección “Contacta con nós”).  O resto dos eventos son abertos.

Esperamos vervos pola Casa Cultural para participar dos nosos actos e festas.

Atentamente.

A blogmestra.

Fotos do XXIV Festival Folclórico do Condado

Xa podedes ver as imaxes da participación do GBMT Os Muíños de Oliveira na XXIV Edición do Festival Folclórico do Condado.

Recordade que tedes a ligazón na columna da dereita deste blog.

En breve poderedes velas tamén no perfil en facebook do grupo.

Saúdos.

A blogmestra.

Festival Internacional de Folclore en Guimaraes (Portugal)

 O sábado 16 de xullo celébrase en Guimaraes o XXVIII Festival Internacional de Folclore:

Ás 17:00h (horario portugués) recibirán a tódolos grupos participantes en Serzedelo para, algo máis tarde, disfrutar dun Xantar- Convivencia na Didáxis Cooperativa de Ensino

Ás 21:00h (horario portugués) Comezará o desfile xunto aó Mosteiro Románico de Serzedelo tra-lo que comezará o Festival cos seguintes grupos participantes:

– Rancho Folclórico Ceifeiras e Campinos de Azambuja – Azambuja – Ribatejo
– Rancho Folclórico e Etnográfico de Cova do Ouro e Serra da Rocha – Coimbra – Beira Litoral
– Grupo Folclórico da Casa do Povo de Serzedelo – Guimarães – Baixo-Minho
– Rancho Regional de Fânzeres – Gondomar – Douro Litoral
Asociación Cultural Os Muíños de Oliveira
– Rusga Típica da Correlhã – Associação Cultural e Recreativa Corneliana – Ponte de Lima – Alto Minho

Se vos apetece achegarvos alí vos esperamos.

Saúdos a todos.

SARDIÑADA EN OLIVEIRA

Anterior Entradas máis antigas Seguinte Entradas máis recentes