Novidades na axenda

O pasado domingo tivemos, como cada ano, o Magosto na nosa Casa Cultural, amenizado polo GBMT Os Muíños de Oliveira.

En breve poderedes ver as fotos da festa no facebook.

 

Polo pronto podedes consultar na sección da axenda as novas datas de actividades e actuacións.

Mantédevos ó día e non deixedes de visitarnos!

Saúdos.

A blogmestra.

Advertisements

Novas citas

Acabamos de actualizar a nosa axenda de eventos.

Se queres estar ó día das nosas actuacións e actividades non te esquezas de visitar este blog.

Apertas.

XIV Concurso de Tartas e Postres Caseiros

Como cada ano a AC Os Muíños de Oliveira celebra o último domingo de novembro (27) o xa tradicional Concurso de Tartas e Postres Caseiros a partir das 17h..

O xurado estará formado por mestres de Escolas de Hostalería e contará con dúas seccións:
Intantil e Adultos
En ambas seccións xulgaranse dúas categorías:
Degustación e Presentación

Amenizarán o concurso as Pandereteiras Infantiles da AC Ondiñas do Mendo (de Leirado, Salvaterra de Miño) e o GBMT Os Muíños de Oliveira.

Tra-la entrega de premios todos poderedes probar os postres e tartas presentados a concurso.

Festival Internacional de Folclore en Guimaraes (Portugal)

 O sábado 16 de xullo celébrase en Guimaraes o XXVIII Festival Internacional de Folclore:

Ás 17:00h (horario portugués) recibirán a tódolos grupos participantes en Serzedelo para, algo máis tarde, disfrutar dun Xantar- Convivencia na Didáxis Cooperativa de Ensino

Ás 21:00h (horario portugués) Comezará o desfile xunto aó Mosteiro Románico de Serzedelo tra-lo que comezará o Festival cos seguintes grupos participantes:

– Rancho Folclórico Ceifeiras e Campinos de Azambuja – Azambuja – Ribatejo
– Rancho Folclórico e Etnográfico de Cova do Ouro e Serra da Rocha – Coimbra – Beira Litoral
– Grupo Folclórico da Casa do Povo de Serzedelo – Guimarães – Baixo-Minho
– Rancho Regional de Fânzeres – Gondomar – Douro Litoral
Asociación Cultural Os Muíños de Oliveira
– Rusga Típica da Correlhã – Associação Cultural e Recreativa Corneliana – Ponte de Lima – Alto Minho

Se vos apetece achegarvos alí vos esperamos.

Saúdos a todos.

VÍDEOS DO XX ANIVERSARIO

Aquí vos quedan para que non esquezades nunca este día.

Esperamos poder enlazar en breve os que faltan.

GRACIAS

Onte foi unha tarde especial para todos e queremos agradecerlle a todos estes 20 anos de esforzo.

Gracias a Rosa, José e a Guillerma, porque as vosas casas foron o noso local de ensaio durante moitos anos. Gracias a esa marabillosa familia que, desinteresadamente, nos donou o terreo onde hoxe está a Casa Cultural.

Gracias ós membros da xunta directiva polas súas horas levantando paredes…, os que foron e os que son, os que están e xa non están para vernos.

Gracias ós empresarios que aportaron material para que a nosa Casa Cultural puidese levantarse.

Gracias a tódolos membros do Pleno Municipal de Ponteareas, os que gobernan e os que non, porque todos mostraron sempre interés polas nosas necesidades na medida en que lles era posible.

Gracias ós socios por axudar sempre coa súa asistencia ós nosos actos.

Gracias a aquelas persoas que nos regalaron os coñecementos que levamos ó escenario.

Gracias a tódolos “rapaces” (como a xunta directiva se empeña en chamarnos aínda que teñamos 30 anos…) que pasaron por este grupo aportando o seu gran de area e as súas horas para levantar este grupazo. A todos os que participastes onte neste marabilloso festival e tamén ós que non puidestes.

Gracias ós que hoxe continuades para que o GBMT siga existindo. Non imos por mal camiño, a que non?

Gracias ós nosos pais por alentarnos, por levarnos a todas partes e por obrigarnos ás veces.

Gracias Vanesiña (aínda que non queiras chamarémoste así toda a vida…) por ser un exemplo de superación e demostrarnos que todo é posible. Onte, co teu traballo, conseguiches que máis de un se emocionara.

Gracias a Ramiro por crearnos, e Angy e Máximo por axudarnos a dar os nosos primeiros pasos.

Gracias a María, Cari e Sotelino por contribuír co voso traballo.

Gracias Antonio, por ensinarnos a quererlle á nosa música, e Secundino por intentar continuar co seu traballo na medida do que che foi posible.

Gracias a Chisco, por axudar a levantarnos cando estabamos a caer e mostrarnos outra maneira de ver a nosa cultura, e gracias Miguel por continuar tamén nesa liña que nos deu tantos éxitos.

Gracias Samu, por confiar en que a idade non impide ser “artista”.

Pero GRACIAS, e máis que nunca, a Sandra, Óscar e Xandre, que no momento actual son quen nos acompaña. Gracias polo voso traballo, pola vosa ilusión e polas vosas ganas de que Os Muíños de Oliveira sigan sendo grandes 20 anos máis!

En nome da A. C. Os Muíños de Oliveira… hoxe asino con nome e apelidos (Nuria Gesteira Iglesias):

GRACIAS!!!

P. D.: Creo que non me esquezo de ninguén, pero se é así, xa sabedes, acepto apuntes… ;-p

FESTIVAL XX ANIVERSARIO

O día 29 de Maio (domingo) celébrase o Festival XX Aniversario da AC Os Muíños de Oliveira.

Terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a partir das 17:30h. Intervirán antigos e actuais membros do GBMT que farán un percorrido pola historia da nosa asociación a través súas músicas e bailes narrados dende a súa perspectiva, a de enriba do escenario.

 Farannos pasar un rato divertido e veremos algo máis dunha hora de bo folclore.

Anterior Entradas máis antigas