CURRÍCULO

O Grupo de Baile e Música Tradicional da A. C. “Os Muíños de Oliveira” nace a comezos do ano 1991 no seo de dita asociación. Na actualidade está a ser  dirixido por Xandre Outeiro, monitor de baile das escolas da A. C. F. “O Fiadeiro” de Vigo e membro de “Projecto [‘trepia]”; o grupo de pandereteiras por Sandra Diéguez, directora do grupo de pandereteiras da A. C. F. O Fiadeiro ata outubro de 2009 e fundadora da A. C. Traspés;  o grupo de gaitas por Óscar Álvarez, gaiteiro solista da Banda de Gaitas “Tremiñado” de Ponteareas; e o grupo de Cantareiras por Samuel Sotelo dende 2009, membro desta mesma asociación.

“Os Muíños de Oliveira” actúan en lugares de toda a xeografía española e portuguesa. A continuación aparece unha relación das máis importantes:

Nas festas na honra de San Froilán (outubro – 1998) na cidade de Lugo, e no Concello de Foz (agosto – 1999). Na “Festa do Marisco” do Concello do Grove (2001). A “Festa do Churrasco”, organizada polo Concello de O Covelo. O Festival Folclórico de Meis (2003). A IV edición do “Festival Internacional de Baile Tradicional” que organiza o Centro Cultural da Pontevella, en Teo (agosto – 2003). A “Romaría dos Muíños”, no Concello de Arbo (agosto – 2003). Destacan tamén dúas actuacións no programa Luar e no Luar da Solidariedade da TVG.

No concurso de baile organizado pola A. F. “Malveiras” de Vilagarcía (2003 e 2004), no que non se acadou ningún premio pero si o recoñecemento do público. Nas V Xornadas de Baile e Música Tradicional organizadas polo Concello de Vigo (novembro – 2003 e 2004). Nas últimas participacións acadáronse os seguintes galardóns:

  • 2004 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría D.
  • 2008 – Consurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría C.
  • 2009 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 3º Premio, categoría C.
  • 2009 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría C.
  • 2009 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría D.
  • 2013 – Concurso “A Caza do Folclore” (A Cañiza): 1º Premio.

Asisten a diversos acontecementos con asiduidade anual:

A “Festa do Viño do Condado”, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño, dende o 1995. A “Festa dos Cesteiros”, que organiza o Concello de Mondariz, dende o 2000. A “Festa do Requesón e o Mel”, organizada polo Concello de As Neves, dende o 2001. O “Festival Folclórico do Condado”, organizado polo Concello de Ponteareas, dende o 1993.

Tamén actúan cada ano en distintos lugares de Portugal como Oporto, Guimaraes, Cinvaes, etc. E ademáis, en festas parroquiais de toda a Comarca do Condado e arredores.

O grupo de pandereteiras gravou no 2002 un vídeo para a Delegación Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, “TURGALICIA”, para o espectáculo da Xira Promocional de dito ano na que participou unha das súas compoñentes como cantareira solista. Acudiu tamén nunha ocasión ó “Luar” de forma independente. Participou no Festival de Covas (Viveiro) e no VI Día do Orgullo Gaiteiro en Ourense, ambos no 2009. Tamén participou en concursos organizados por Asociacións Folclóricas de renome, acadando a seguinte relación de premios:

  • 1999 – Concurso de Sanguiñeda: 2º Premio, categoría única.
  • 1999 – Concurso da A. F. Xalgarete (Vigo): 2º premio, categoría B.
  • 2000 – Concurso da A. X. Xiradela (Arteixo): 2º Premio, categoría C.
  • 2000 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago): 2º Premio, categoría B.
  • 2001 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría C.
  • 2001 – Concurso da A. F. Xalgarete: 2º Premio, categoría C.
  • 2002 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría C.
  • 2003 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría D.
  • 2005 – Concurso da A. X. Xiradela: 3º Premio, categoría D.
  • 2005 – Concurso da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 2º Premio, categoría D.
  • 2005 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 1º Premio, categoría C.
  • 2006 – Concurso da A. X. Xiradela: 3º  Premio, categoría D.
  • 2006 – Concurso de Música Tradicional “Concello de Cervo” (Lugo): 2º Premio, categoría única.
  • 2006 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º premio,categoría D.
  • 2006 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 3º premio, categoría C.
  • 2007 – Concurso de Música Tradicional “Concello de Cervo”: 1º Premio, categoría única.
  • 2007 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría D.
  • 2007 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º Premio, categoría C.
  • 2008 – Concurso da A. X. Xiradela: 1º Premio, categoría D.
  • 2008 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 2º Premio, categoría D.
  • 2008 – Concurso da A. C. D. Galanía (Muros): 2º Premio, categoría C.
  • 2009 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría D.
  • 2009 – Concurso da A. X. Xacarandaina: 1º Premio, categoría D.
  • 2009 – Concurso da A. F. Cantigas e Agarimos: 2º Premio, categoría D.
  • 2010 – Concurso de Música Tradicional “Concello de Cervo”: 3º Premio, categoría única.
  • 2011 – Concurso da A. X. Xiradela: 2º Premio, categoría D.

Así mesmo, o quinteto de gaitas da Asociación viaxou tamén a Tenerife no mes de Xuño de 2003 en representación do Concello de Ponteareas pola irmandade que dito concello ten coa Illa de Tenerife.

O vestiario tradicional, tanto do grupo de baile como do grupo de acompañamento, está composto por reproduccións do utilizado en tempos na zona do Condado e A Paradanta, á que pertence a asociación.

530821_321416171292750_1033564272_n

Deixar un comentario