Obradoiro de construcción de Palletas e Pallóns

Esta ponte o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro, a Asociación Cultural Retrouso (Bueu) vai celebrar un Obradoiro de construción de palletas e pallóns. O horario será de 4 a 7 da tarde e o custo é de 10 euros. Impartirao o artesán e gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto.

Tedes toda a información no cartel adxunto e no blog http://www.blogoteca.com/retrouso

cursopalletasRetrouso2007

Obradoiros de verán no CAT

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, desenvolverá nos meses de
xullo e setembro as súas actividades estivais, con diferentes obradoiros
que acheguen a toda a cidadanía técnicas, materiais e obxectos da cestería
tradicional de Galicia.
 
A cestería tradicional leva unida á nosa cidade dende hai séculos co
traballo de moitos artesáns que, xeración tras xeración, foron pasando o
seu saber dunhas mans a outras, creando obxectos que formaron parte da
nosa vida diaria ata os anos 60 do século pasado. Os obradoiros da rúa
Cesteiros, no Casco Vello, son o mellor exemplo da relevancia que tivo
este oficio en Vigo, que a converteron nun dos centros de produción máis
activos de Galicia.
 
O prazo de inscrición remata o 27 de xuño. Toda a info en
http://www.vigo.org/artesania
 
INFORMACIÓN XERAL
 
Obradoiros:
CESTERÍA DE XUNCOS: COROZAS / 35 h
COAS MANS NOS CESTOS. Obradoiro de cestería tradicional de Galicia / 40 h
MADEIRAS DE CESTEAR. Introdución aos materiais empregábeis en cestería. 20 h
IMOS FACER UN CESTO. Obradoiro de verán para neno/as /35 h
 
Onde se impartirán:
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
 
Como apuntarse:
Enviando o boletín de inscrición ao CAT Rúa Subida ao Castelo 10 36202
VIGO, por fax ao número 986 224 003 ou a través da WEB
http://www.vigo.org/artesania.
 
O prazo de inscrición remata o día 27 de xuño de 2007. Os cursos son
gratuítos polo que se establecerá unha rigorosa orde de entrada das
solicitudes.
 
Selección do alumnado:
Para o curso de corozas, o CAT fará unha previa selección, polo que os
interesados deberán enviar o seu curriculo.
 
Listado de admitidos:
A lista de admitidos será exposta no CAT e na WEB http://www.vigo.org/artesania o
día 28 de xuño de 2007.

 

Se necesitades o boletín podedes solicitalo tamén ó email da nosa asociación: osmuinhosdeoliveira@hotmail.com

II Seminario Galego de Etnografía

Os vindeiros días 2, 9 e 16 de xuño o Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, celebrará no VERBUM o seu II SEMINARIO GALEGO DE ETNOGRAFÍA co título "Os saberes tradicionais dos galegos".

En horario de 10:30 a 13:30h o doutor en Antropoloxía Social José Antonio Fidalgo Santamariña, nos achegará aos saberes dos nosos devanceiros a través dos seus oficios e habilidades tradicionais.
O seminario e gratuíto e con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse. O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de maio, establecéndose unha rigurosa orde de entrada das solicitudes.
Para inscribirse, pódese facer a través da web www.vigo.org/artesania, enviando boletín de inscrición por fax ou correo e poñéndose en contacto co Centro de Artesanía Tradicional de Vigo
Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO
Tel: 986 227424 / 986 220 758
Fax 986 224 003

Taller de improvisación e composición coreográfica

Profesor: Janusz Subicz da compañía de DANZA-TEATRO de Pina Bausch

Do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xuño de 10:00 a 14:00 h

Nº de prazas: 20
Lugar: Centro Coreográfico Galego
Prezo do curso: 120 euros (25 % de desconto para membros das asociacións profesionais de danza, parados, estudantes e carné xoven)
Perfil do participante: profesionais de artes escénicas e performativas con nivel avanzado.
 

Janusz Subicz

Resumo do taller: O taller é un traballo de improvisación que culmina nunha composición individual inspirada por un soporte musical. Da análise dos movementos, incluíndo os xestos da infancia e da vida cotiá xurde a emoción, a fantasía. A utilización dun soporte musical permite unha interpretación, unha coloración específica á creatividade de cada persoa dándolle un ritmo propio. A meta será un estudo en si mesmo na dimensión escénica, apoiándose nos coñecementos, no pasado de cada un, sexa bailarín ou actor. Toda experiencia neste ámbito será benvida.

Clase, training, quecemento; aprendizaxe, variacións e traballo sobre a técnica, composición e improvisación.
 
Profesor:

Janusz Subicz

Janusz naceu en Varsovia no ano 51, estivo nove anos estudando na Escola Nacional de Ballet de Varsovia. En 1971 ten o seu primeiro contrato no "Grand Théâtre" de Varsovia. Traballa como bailarín na Ópera de Marsella, no Ballet Teatro Contemporáneo de Angers, na

Nurkil Dance Company con técnica de Martha Graham (Paris), con Peter Gross en París, con Yuriko en EE.UU. (Técnica Martha Graham), con Betty Jones e Fritz Luden técnica – José Limon USA e na compañía de Twayla Tarpp – con "Twayla Tarpp Dance Company" NY. USA. É bailarín da compañía de danza de Pina Bausch dende 1979–94. Janusz leva quince anos no – "Wuppertaler Tanztheater – Pina Bausch".

 
Inscrición

Datas e lugar de: Do 4 ao 25 de maio
Horario de 9:00 a 14:00 horas,
Centro Coreográfico Galego.
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña.
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Tel: 981 13 49 46 / Fax: 981 13 82 94

 

Documentación necesaria para formalizar a matrícula

— Encher o modelo oficial
— Achegar C.V.
— Fotocopia de DNI
— Fotografía tamaño carné
— Para o desconto: fotocopia carné estudante, desempregado ou xustificante de pertenza a calquera asociación profesional de danza.
— Xustificante do ingreso bancario.

 
Lugar

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n A Coruña
 

Inscrición e información

Centro Coreográfico Galego
Av. de Glasgow s/n 15008 A Coruña
Tel: 981 13 49 46 / Fax. 981 13 82 94
Correo electrónico: produccion.1.ccg@xunta.es
Horario de 9:00 a 14:00 horas

VI Xornadas de Portas Abertas

A ACF O Fiadeiro organiza de novo este ano ás xa habituais Xornadas de Portas Abertas. A data escollida é a da fin de semana do 10 e 11 de marzo.
Aproveitan ademáis para celebrar con elas a inauguración do seu novo local social, sito na R/ Pombal, nº 38, Baixo (detrás do Instituto Castelao) en Vigo.
Poderedes consultar o horario de actividades nesta web: http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php

Anterior Entradas máis antigas