II Concurso de Gaitas Nazario González “Moxenas”

O sábado 7 de marzo celebrarase a II edición do Concurso de Gaitas Nazario González "Moxenas".
Para todos aqueles que estean interesados en participar achegámosvos o enlace de acceso ás bases:  http://www.ctv.es/USERS/cvallada/
Un saúdo. 
A bolgmestra.

VIII Concurso Internacional Folk “Cuartu los Valles”

27 e 28 de Xullo en Navelgas , ( Tinéo –Asturias – España )
 
PARTICIPANTES :
Grupos de tres ou máis compoñentes
 
ANTES DO 5 DE XUÑO
Enviádenos o voso disco ou maqueta con  5 temas (se é cd editado especificar cales son os 5 temas a valorar), xunto a un pequeno dossier informativo no cal se aportarán os contactos telefónicos, mails e postais do grupo a :
VIII Concurso Internacional de Folk “Cuartu los Val.les”
Casa de la Cultura – 33873 – Navelgas – Tinéo – Principado de Asturias. España.
 
O 25 DE XUÑO
Comunicarase a través de prensa , radio e personalmente ós 5 grupos seleccionados polo xurado e que deberán confirmar a súa asistencia antes do 31 de Xuño, mediante contrato firmado.
 
PREMIOS
-Primeiro clasificado 1.500 euros e trofeo creado polo artista Manuel García Linares e emisión do seu concierto en Radio 3.
-Os demáis finalistas levarán un premio de 1.000 euros.
-Os cinco grupos formarán parte do VIII disco recopilatorio e promocional do concurso.
-Todos os grupos contarán con dietas de aloxamento completas.
 
XURADO
  • Presidente Honorífico D. Iñaki Peña (Programa “Trébede” de Radio 3)
  • Presidente do Xurado:D. Mario Correia (Edicións Sons da Terra /Portugal)
D. Salvador Cored (Festival Iberia Folk /Huesca)
D. Pedro Melguizo (Festival Etnosur /Jaén)
D. Jordi Bertrán (Programador do concello de Tarragona )
D. Juan Pablo Marco (Festival Poborina-Folk / Teruel)
D. Paco Quevedo (Festival de Castañeda /Cantabria)
D. Jesús Barroso (Canal Sur /Andalucía)
 
 
Para maior información chamar a:
670 82 38 12 (Raúl Menéndez)
625 33 00 71 (César Castaño)

Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcia de Arousa 2007

BASES   CONCURSO   2007

Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 10 e que
cumpran os seguintes requisitos:
1. Serán grupos mixtos, a media de idade mínima será  de  15 anos,  formados 
polo  menos  por cinco   parellas  sempre   e   cando    as características
do baile non requiran outro tipo de formación.
2. Os bailadores/as e acompañamento unicamente poderán concursar nun só grupo.
Deberán   posuír  grupo  de  acompañamento propio.
Irán  ataviados  con  traxe  tradicional  (tanto o grupo de baile como o de
acompañamento).
3. A   orde   de   intervención   dos    grupos determinarase   mediante  
sorteo   ( uns  días antes).
4. A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes
ou danos durante a participación no concurso.
5. Cada grupo disporá dunha intervención cunha duración máxima de 6 minutos.(de
non cubrir un mínimo  de  grupos  serán duas pezas).
6. Haberá un pequeno pasarrúas antes do comezo  do concurso.
7. O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS  actuará a modo de
exhibición.
8. O concurso celebrarase  no Auditorio de Vilagarcía o
SÁBADO 26 de maio ás 20:00 horas
9. PREMIOS:
Primeiro   900 €  e  trofeo
Segundo  400 € e diploma
Terceiro   300 € e diploma
Premio especial  do público
10. INSCRICIÓN:
ANTES   DO  10  DE  ABRIL

PARA  CALQUERA  DÚBIDA  PODEN CHAMAR  Ó  TELÉFONO:
607 606 312  Xose Eiras
(mandar por e-mail malveiras@malveiras.com ou fax ó 986512017 solicitar
conforme recepción).
11. O Premio do Público decidirase entre o público presente no Auditorio
mediante unha votación e posterior  reconto.
12. O grupo  gañador  poderá  participar no  "XII Encontro Folclórico 
Malveiras" que se celebra en agosto.
13. O xurado estará composto  por  persoas  expertas  na   materia.
14. Valorarase  a autenticidade,  calidade  dos bailadores, vestiario, 
dificultade e  posta en escena.
15. A decisión do xurado será inapelable.
 
DATOS DA INCRICIÓN:
NOME DO GRUPO:
_________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO:
_________________________________________________________________
NOME E Tlf.da PERSOA DE CONTACTO:
_________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE:
_________________________________________________________________
Número de participantes:
Bailaríns_____Gaiteiros_______Pandereteiras_____
Saúdos, Asociación Cultural Malveiras
Grupo de Música e Baile Tradicional

Concurso de gaitas de Sarria

O Centro Cultural "Meigas e Trasgos", C.I.T., vai convocar o VI Concurso de Gaitas do País, para o día 30 de setembro, sábado, en Sarria. A convocatoria oficial será esta semana, e as bases estarán na web de Meigas e Trasgos (www.meigasetrasgos.org) nos próximos días, xunto coas partituras das pezas obrigatorias.
As pezas deste ano son "Xota de Serxio" (tradicional, recollida en "De Pano Sedán") na categoría de gaiteiro solista, e "Aires de Carnaval" (tradicional, recollida en "Doce Polainas Enteiras") na categoría de grupo.
   
Con respecto á web, teñen un problemiña co dominio, e ás veces non deixa entrar (cren que é durante un par de horas pola mañá). Se probades varias veces durante o día, entraredes sen problema (supoñen…).
   
Para calquera dúbida podedes contactar na seguinte dirección: meigasetrasgos@gmail.com

I Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva

O Concello de Poio xunto co grupo de música tradicional Pai da Cana, organizan o I Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva para o día 8 de Xullo, pola tarde, tralo que o Pai da Cana dará un concerto.
O prazo de inscrición remata o día 6 de xullo.
Ese mesmo sábado pola mañá celebrarase un relatorio ás 11:00h.
O día 9, a partir das 10:00h haberá unha Xuntanza de Gaiteiros, unha xornada de micros abertos durante todo o día no que todo aquel que o desexe pode participar de maneira libre.
 
Información:
Relatorios e Certame de Gaitas:
626 825 442 ou paidacana@hotmail.com
 
Xuntanza de Gaiteiros:
696 731 625 ou ferber2@terra.es

Seguinte Entradas máis recentes