Concurso da A.C. Cantigas e Agarimos

A pesar de non estar no seu mellor día, as pandereteiras da A. C. Os Muíños de Oliveira acadaron un novo éxito neste certame, gañando o 3º premio da súa categoría.
O 1º premio foille outorgado ós Pandereteiros "Eiravella" da A. C: F. O Fiadeiro, de Vigo; e o 2º premio foi para "Velai vén" da A. F. Donaire, de A Coruña.
 
Non esquezades que teredes unha nova oportunidade para ver ás pandereteiras e ó grupo de baile desta asociación na tarde deste sábado na AA. VV. de San Xoan Poulo.

Festival da A.C. Os Muíños de Oliveira

Este pasado sábado celebrouse ás 20:00h o festival folkórico no local da ascociación do que xa vos informaramos.
En breve poderedes ver algunhas das fotos dese día.